INICIO

Familiares

Manolo Mourente

Antonio Mourente

Celia Mourente

Manuel A. Pita Torices

Miguel Cervantes

Represaliados

Represaliados

Acerca de ...

Este blog é unha lembranza e homenaxe ás persoas da nosa familia que sufriron represión ou morte pola súa loita contra o franquismo (fascismo).

Lembranza e homenaxe que queremos facer extensivo nestas páxinas a todos aqueles que foron vítimas deste reximen.

Asinado:

Manuel Fernández Pita e Carmen Fernández Pita

Calendario

« Setembro 2017
D L M M X V S
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Etiquetas

Históricos

01 Mai - 31 Mai 2009
01 Xun - 30 Xun 2009
01 Xull - 31 Xull 2009
01 Set - 30 Set 2009
01 Out - 31 Out 2009
01 Nov - 30 Nov 2009
01 Dec - 31 Dec 2009
01 Xan - 31 Xan 2010
01 Mar - 31 Mar 2010
01 Abr - 30 Abr 2010
01 Out - 31 Out 2010
01 Mai - 31 Mai 2011
01 Xun - 30 Xun 2011

Enlaces

Memoria Histórica D.
Blog de Xosé M. Suárez
Los de la sierra
Españois deportados ...


Apoiamos

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

¡Buscar!

Últimos Comentarios

Cousas

XML: RSS Feed 
XML: Atom Feed 

Deseño & Edición: SF

Obras Civiles

Xoves 02 Xuño 2011 as 1:45 pm A corrupción daqueles anos e as claves da súa disolución

O novo libro do historiador Enrique Barrera, aínda que centrado nas orixes do movemento obreiro ferrolán despois da Guerra Civil e concretamente na sección de Obras Civiles de Bazán, inclúe curiosas anécdotas que completan outras que circulaban por Ferrol na ditadura. 

(máis)

Manolo Mourente

Venres 27 Maio 2011 as 12:15 pm Uno de los ejemplos más nítidos de la bondad como camino al compromiso político

Viernes, 27. Presentación en "Caixa Galicia" del nuevo libro de Enrique Barrera, con patrocinio de "Fuco Buxán": "Obras Civiles: Un berro de pedra e rebeldía na Bazán".

En él, la memoria histórica se detiene unas intensas páginas, a modo de homenaje, sobre la figura de Manuel Fernández Mourente, uno de los ejemplos más nítidos de la bondad como camino al compromiso político. Luchador por causas nobles en épocas crueles, los 60, principio del fin de una dictadura que se autoproclamaba "permanente e inalterable", cuando ello llevaba aparejado riesgo cierto de persecución (cárcel, tortura, pérdida del puesto de trabajo...) y no prebenda alguna, los que lo conocimos mantenemos fecundo su recuerdo.

(máis)

E. Barrera presenta o seu novo libro

Venres 27 Maio 2011 as 11:38 am «Queremos recuperar a memoria da solidariedade dos ferroláns»

Barrera investiga a historia do movemento obreiroO historiador e profesor Enrique Barreira Beitia presenta esta tarde, ás 20 horas, na sede ferrolá da Fundación Caixa Galicia, o seu novo libro, que leva por título Obras Civiles: Berros de rebeldía e pedra na Bazán. Unha obra editada pola Asociación Cultural Fuco Buxán, a entidade que organiza o acto de hoxe e cuxo presidente, Manuel Ángel Rodríguez Carballeira, Lalán, acompañará a Barrera durante a presentación. A entrada é libre e gratuíta.

(máis)

O Exemplo da Loita Sindical

Mércores 25 Maio 2011 as 5:02 pm E. Barrera retrata o exemplo da loita sindical da empresa Obras Civiles e homenaxea aos sindicalistas Manolo Mourente e Manuel Bouzón.

Obras CivilesO profesor Enrique Barrera presentará o venres ás 20.00 horas na Fundación Caixa Galicia o seu último traballo de investigación, "Obras Civiles, berros de rebeldía e pedra", editado pola asociación cultural Fuco Buxán.

Trátase dunha investigación que recupera a historia da citada compañía e do intento do Goberno a mediados dos anos 60 de pechala, unha estratexia á que seguiu unha loita obreira que deu como resultado o ingreso no cadro de persoal de Bazán despois dunha intelixente estratexia sindical e a solidariedade dos ferroláns de entón.

Para Barrera "o libro trata de lembrar o sucedido con Obras Civiles e facer unha reflexión sobre un tema de bastante actualidade acerca das loitas que hai que desenvolver para conservar os dereitos conquistados polos traballadores e subliñar valores como a solidariedade, dentro e fóra da propia empresa".

(máis)

Homenaxe ás vítimas da represión

Domingo 31 Outubro 2010 as 12:46 pm Cedeira chora ás vítimas da represión de 1937 no campo de concentración da vila. Os actos de homenaxe aos reclusos sucedéronse durante toda a mañá

Centenares de persoas participaron no acto que se levou a cabo no auditorio«A democracia e Cedeira agradecen esta sentida homenaxe a aqueles que sufriron o odio e a ignorancia». Con estas palabras inaugurou onte o alcalde da vila mariñeira, José Luís Vergara, o acto en recordo das vítimas da represión no campo de concentración que durante a Guerra Civil montaron os alzados na zona.

Desde primeira hora da mañá, familiares, amigos e veciños das vítimas levaron polas rúas a historia dos reclusos, moitos deles republicanos asturianos enviados á retagarda como prisioneiros. Por iso, os ombreiros de moitos visitantes foron abrigados por bandeiras do Principado, enchendo de cor azul un día gris marcado pola choiva e polas bágoas que deixou o recordo da guerra e das súas consecuencias. 

(máis)

O drama nunha fábrica de salgadura

Domingo 31 Outubro 2010 as 12:00 pm «Construíron unha vergoña nas nosas terras, atemorizando aos que buscaban a liberdade»

O campo de concentración de Cedeira foi creado en outubro do ano 1937 e ocupaba as instalacións dunha fábrica de salgaduras pertencente ao líder falanxista da vila, Manuel Soto.

Tal e como explican os directivos das asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, o recinto, a menos de cen metros do núcleo da vila mariñeira, estaba acoutado por un valado de catro arames espiñentos.

(máis)

O campo de concentración cedeirense

Sábado 30 Outubro 2010 as 12:20 pm O Presidente de Asturias inaugura hoxe un monumento en memoria de 724 recluídos en 1937 en Cedeira, a maioría asturianos, parte deles asasinados en Villarrube

El monumento fue levantado en la zona donde estuvo localizado el campo, en A RevoltaA memoria colectiva de Cedeira garda a historia dun campo de concentración que durante a Guerra Civil montaron os alzados na zona. Era 1937 cando a caída da fronte de Asturias en mans dos franquistas, por iso moitos dos reclusos eran republicanos asturianos, enviados á retagarda como prisioneiros.

A escritora Pilar Cebreiro, no seu belo relato «El cinturón traído de Cuba», recolle estes retrincos do recordo colectivo ao facer mención aos asasinatos de presos na praia de Villarrube. Segundo o historiador Enrique Barrera Beitia, que buscou o sustento documental, o campo chegou a ter 724 presos, en pésimas condicións de hixiene, motivo polo cal en 1938, xa axusticiados parte deles, o recinto foi pechado e os reclusos trasladados a outros centros.

(máis)

Entrevista a D. Vicente Álvarez Areces

Venres 29 Outubro 2010 as 10:59 am El presidente del Principado de Asturias: “Es necesario rescatar del olvido a todos los que estuvieron en campos de concentración”

Exc. Sr. D. Vicente Alvarez Areces O Presidente do Principado de Asturias, Vicente Álvarez Areces, será un dos 60 asturianos que mañá asistirán en Cedeira ao acto de homenaxe que recibirán as vítimas da represión e os presos do campo de concentración que no seu día transformou unha fábrica de salgadura nun presidio. Corría o ano 1936.

Con motivo deste reencontro coa historia máis gris dunha vila que soubo atopar na pesca e o turismo o seu máis inmediato futuro, Diario de Ferrol tivo a oportunidade de entrevistar ao titular do Executivo asturiano sobre cuestións relacionadas cunha iniciativa que partiu das asociacións Memoria Histórica Democrática de Ferrol (MHD) e Fuco Buxán.

(máis)

Benvida do alcalde á delegación asturiana

Venres 29 Outubro 2010 as 10:37 am Vergara: “Areces ven a Cedeira a facer borrón e conta nova”

José Luis Vergara, Alcalde de Cedeira"Agradezo ao presidente do Principado de Asturias que accedese a vir para facer borrón e conta nova na historia de Cedeira". Con estas palabras, o alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, mostraba onte a súa gratitude cara á delegación asturiana por implicarse tan directamente nun acto que, para o primeiro edil cedeirense, "é motivo de alegría por canto representa unha magnífica oportunidade de render homenaxe a toda a xente que estivo no campo de concentración e aos veciños de Cedeira que foron perseguidos polas súas ideas políticas durante a guerra civil e a ditadura". José Luís Vergara entende que o reencontro que se producirá mañá servirá para restituír a "dignidade política e moral" daquelas persoas que "nunca deberon ser acusadas de nada".

(máis)

IN MEMORIAM (Cedeira 1936 - 2010)

Martes 26 Outubro 2010 as 3:59 pm Paz+Liberdade, colaboración de Pedro Velázquez Vilanova á homenaxe aos represaliados en Cedeira

Estimad@s compañeir@s:

Sen ánimo de interferir nos relatorios dos organizadores nin nos discursos dos convidados, gostaba de realizar esta pequena achega para os actos do próximo día 30 en Cedeira.

Como poderedes observar, non vai asinada, pois non pretendo atribuírme protagonismo algún, soamente contribuír á homenaxe ofrecendo unha información breve, pero sentida, nun formato que pode resultar suxestivo.

Pediríavos que o enviásedes a toda a xente de ben que teñades de man: viciñ@s de Cedeira, familiares de represaliad@s, persoas solidarias... que eventualmente podan sumarse á homenaxe.

Saúdos e agradecementos.


(máis)

Linkdump

Bandera Republicana

» O Noso Pai
» Manolo Mourente

Manuel Jesús Fernández Mourente


» O Noso Tio
» Antonio Mourente

Antonio Manuel Fernández Mourente


» A Nosa Avóa
» Celia Mourente

Celia Mourente Garcia


» O Noso Avó
» Manuel A. Pita Torices

Manuel Agustín Pita Torices


» O Noso Bisavó
» Miguel Cervantes

Miguel Cervantes Rey (Faneca)


Monarquia NON