Este listado é un documento de traballo, obtido dunha Base de Datos, a cal foi sendo cruzada durante mais de dez anos con fontes de arquivo e bibliográficas publicadas sobre a zona de influenza de Ferrol, Eume e Ortegal, polos historiadores: Xosé M. Suarez, Enrique Barrera, Bernardo Maiz, Eliseo Fernández, E. Grandío e outros.
O meu traballo consistiu en ir elaborando unha ficha persoal cos listados de datos publicados dos represaliados e ilos cruzando unha e outra vez para incorporar calquera dato novo que aparecese.
Como podedes ver está suxeita a permanentes melloras, así que se coñeces algunha información sobre alguén desta lista e queredes aportala, podedes poñervos en contacto connosco en mafpita@nanosamemoria.com
Quero expresar o meu mais sincero agradecimento a todos estes historiadores, grazas ás súas investigacións podemos ir coñecendo a verdade do que sucedeu nos anos escuros do franquismo.
Algún día esperamos ter unha Base de Datos coa totalidade dos represaliados nesta zona dende 1936 ata 1975.