M.H.D. publica as listas de represaliados
Venres 29 Maio 2009 as 3:33 pm Memoria Histórica Democrática colga en internet as listas de represaliados
As investigacións sobre os crimes e a represión en Galicia durante a Guerra Civil e o franquismo foron durante anos terreo para os historiadores locais.
O movemento cívico para crebar o muro de silencio foi tomando corpo e dando asociacións como Memoria Histórica Democrática, que en decembro de 2003 celebrou en Narón un relevante congreso sobre a represión.
Os cambios no Goberno Central e na Xunta dos anos seguintes abriron máis a xanela e sumaron ás universidades ó proxecto de coñecer a historia do século XX.
Así, da fragmentación inicial camíñase cara a unha ollada xeral, que combine as particularidades de cada zona co relato global do que aconteceu do 36 en diante.
