Temos a obriga de manter a memoria
Sábado 10 Outubro 2009 as 1:38 pm «Ao meu avó matárono por axudar ao que fora alcalde de Serantes»
Miguel del Río López, de 40 anos, representa ben aos netos dos represaliados polo franquismo.
Ao seu avó, Modesto del Río, conocido no seu tempo como o mariñeiro de San Xurxo, matárono porque axudou a Porto Leis, o alcalde republicano de Serantes que se agochaba, tralo golpe militar, nunha cova de San Xurxo.
Unha reportaxe histórica, feita coa colaboración da asociación Memoria Histórica Democrática, vai poder verse pronto.
Miguel del Río e outros familiares de represaliados van facer o domingo unha ofrenda na fosa de outros asasinados do cemiterio de Serantes.
