Luns 18 Xaneiro 2010 as 4:16 pm
Mércores, 27 de xaneiro ás 5 do serán
O mércores, dia 27 de xaneiro ás 17 horas, celebrarase no Castelo de San Felipe a homenaxe, organizada pola Asociación Memoria Histórica Democrática, a Amada Garcia Rodriguez e ás 7 persoas que mataron con ela o 27/01/1938:
Juan José Teijeiro Leira (de Mugardos), José María Montero Martínez (de Mugardos), Ángel Roldos Gelpi (de Mugardos), Antonio Eitor Caniza (de Mugardos), Ramón Rodríguez López (de Ares), Jaime González Pérez (de Ares) e Germán López García (de Cabanas).)
Domingo 17 Xaneiro 2010 as 2:19 pm
Rafael Pillado: Directivo da Asociación Cultural Fuco Buxán
O plantexamento de conceder o mesmo dereito a quenes están a favor ou en
contra de manter a simboloxía franquista encerra unha trampa que a
sociedade non debería tolerar: pór ao mesmo nivel aos demócratas e aos
nostálxicos partidarios dunha ditadura que provocou máis de 1.000
asasinatos soamente nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal (cifra
que está documentada e é verificable).
A Lei da Memoria Histórica obriga á retirada de todolos símbolos que
exaltan a ditadura franquista e polo tanto os seus contidos son un
mandato de obrigado cumprimento. Quenes defenden que a estatua de Franco
non se retire, sitúanse en clara actitude de rebeldía ante a Lei.
(máis)
Venres 15 Xaneiro 2010 as 4:21 pm
Presentación no Teatro Rosalía de Castro da Coruña do documental de Xosé Abad, "O Segredo da Frouxeira"
O vindeiro Mércores, 20 de Xaneiro, as 20h. terá lugar a presentación da longametraxe documental "O Segredo da Frouxeira", dirixida por Xosé Abad, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
A entrada será libre. É moi convinte chegar con antelación para coller sitio.
(máis)
Mércores 13 Xaneiro 2010 as 9:46 pm
O Alcalde de Ferrol prevé resolver nunha semana o futuro do monumento ao ditador
O goberno local convocará mañá unha xunta de portavoces para fixar unha solución «lóxica e razoable».
A asociación de Memoria Histórica avoga por que se funda a peza.
O presidente e o secretario da asociación Memoria Histórica Democrática, Manuel Fernández Pita, e Enrique Barrera, respectivamente, reuníronse onte co alcalde ao que trasladaron a súa postura sobre a estatua. Avogan por que se funda, aínda que propoñen a apertura dunha mesa de debate para que se adopte unha solución por consenso. Confían en que este ano queden eliminados da urbe todolos símbolos franquistas.
(máis)
Breves
» O Noso Pai
» Manolo Mourente
» O Noso Tio
» Antonio Mourente
» A Nosa Avóa
» Celia Mourente
» O Noso Avó
» Manuel A. Pita Torices
» O Noso Bisavó
» Miguel Cervantes