Avóa Celia
Sábado 06 Xuño 2009 as 7:34 pm Unha "supervivente" do fascismoAvóa Celia foi unha "supervivente" do fascismo. Sendo nai de cinco fillos menores, en 1935 foi detida e levada presa ao cárcere provincial da Coruña. Ao ano seguinte, o 21 de Xullo, tivo que ver como o seu fillo maior (Antonio, de 19 anos) novamente era detido (como viña sendo habitual dende outubro de 1934) e na mañá do día 19 de agosto recibiu a noticia de que na noite anterior habia sido vilmente "paseado".
Quedou marcada para sempre; tanto así que en 1972, cando se decatou que o seu fillo pequeno (o noso pai) estaba preso no cárcere provincial da Coruña, volveu a revivir todo o pasado; o sufrimento e o temor a que a represión fascista volvese novamente a cebarse nos seus.
