Xoves 09 Xullo 2009 as 3:57 pm
Rexistro de ingreso no cárcere do partido de Ferrol
Foi detida o 26 de agosto de 1935, aos seus 45 anos, ingresando na prisión ás 12:30 horas do mesmo día, co número de rexistro 1394 e cos cargos de "INSULTO A LA FUERZA PUBLICA", dando pé ao sumario 191 de 1935, sendo trasladada ao Cárcere Provincial da Coruña o 9 de setembro do mesmo ano.
Por pouco coincide co seu fillo Antonio que, 25 días antes, fora posto en liberdade, segundo sentenza na causa 356/35, sendo o seu número de rexistro o 1373.
(máis)
Sábado 06 Xuño 2009 as 7:34 pm
Unha "supervivente" do fascismo
Avóa Celia foi unha "supervivente" do fascismo. Sendo nai de cinco
fillos menores, en 1935 foi detida e levada presa ao cárcere provincial
da Coruña. Ao ano seguinte, o 21 de Xullo, tivo que ver como o seu fillo
maior (Antonio, de 19 anos) novamente era detido (como viña sendo
habitual dende outubro de 1934) e na mañá do día 19 de agosto recibiu a
noticia de que na noite anterior habia sido vilmente "paseado".
Quedou marcada para sempre; tanto así que en 1972, cando se decatou que
o seu fillo pequeno (o noso pai) estaba preso no cárcere provincial da
Coruña, volveu a revivir todo o pasado; o sufrimento e o temor a que a
represión fascista volvese novamente a cebarse nos seus.
(máis)