INICIO

Familiares

Manolo Mourente

Antonio Mourente

Celia Mourente

Manuel A. Pita Torices

Miguel Cervantes

Represaliados

Represaliados

Acerca de ...

Este blog é unha lembranza e homenaxe ás persoas da nosa familia que sufriron represión ou morte pola súa loita contra o franquismo (fascismo).

Lembranza e homenaxe que queremos facer extensivo nestas páxinas a todos aqueles que foron vítimas deste reximen.

Asinado:

Manuel Fernández Pita e Carmen Fernández Pita

Calendario

« Marzo 2010
D L M M X V S
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Etiquetas

Históricos

01 Mai - 31 Mai 2009
01 Xun - 30 Xun 2009
01 Xull - 31 Xull 2009
01 Set - 30 Set 2009
01 Out - 31 Out 2009
01 Nov - 30 Nov 2009
01 Dec - 31 Dec 2009
01 Xan - 31 Xan 2010
01 Mar - 31 Mar 2010

Enlaces

Memoria Histórica D.
Blog de Xosé M. Suárez
Los de la sierra
Españois deportados ...


Apoiamos

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

¡Buscar!

Últimos Comentarios

Amelia Fernandez («Nomes e voces»): Gracias a nomes y voces …

Cousas

XML: RSS Feed 
XML: Atom Feed 

Deseño & Edición: SF

Marzo na memoria

Mércores 10 Marzo 2010 as 10:26 am Anceios de Liberdade e Democracia

Pasaron xa 38 anos desde aquela madrugada do 72 no que o réxime de Franco quixo cobrar caro o atrevemento dos traballadores ferroláns de reclamar os seus dereitos económicos, sociais e políticos. E deixaron no chan unha morea de feridos e mortos a Amador e Daniel. Repetíase así unha experiencia histórica do movemento obreiro mundial, nada se nos regala, temos que conquerilo coa nosa forza organizada e coa nosa intelixencia, pasando por retrocesos e avances, camiño da democracia plena, do socialismo.

(máis)

Homenaxe a Amada García

Luns 18 Xaneiro 2010 as 4:16 pm Mércores, 27 de xaneiro ás 5 do serán

Amada GarciaO mércores, dia 27 de xaneiro ás 17 horas, celebrarase no Castelo de San Felipe a homenaxe, organizada pola Asociación Memoria Histórica Democrática, a Amada Garcia Rodriguez e ás 7 persoas que mataron con ela o 27/01/1938:

Juan José Teijeiro Leira (de Mugardos), José María Montero Martínez (de Mugardos), Ángel Roldos Gelpi (de Mugardos), Antonio Eitor Caniza (de Mugardos), Ramón Rodríguez López (de Ares), Jaime González Pérez (de Ares) e Germán López García (de Cabanas).)

O cabalo ou a simboloxía franquista

Domingo 17 Xaneiro 2010 as 2:19 pm Rafael Pillado: Directivo da Asociación Cultural Fuco Buxán
Rafael Pillado

O plantexamento de conceder o mesmo dereito a quenes están a favor ou en contra de manter a simboloxía franquista encerra unha trampa que a sociedade non debería tolerar: pór ao mesmo nivel aos demócratas e aos nostálxicos partidarios dunha ditadura que provocou máis de 1.000 asasinatos soamente nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal (cifra que está documentada e é verificable).

A Lei da Memoria Histórica obriga á retirada de todolos símbolos que exaltan a ditadura franquista e polo tanto os seus contidos son un mandato de obrigado cumprimento. Quenes defenden que a estatua de Franco non se retire, sitúanse en clara actitude de rebeldía ante a Lei.

(máis)

"O Segredo da Frouxeira" no Rosalía

Venres 15 Xaneiro 2010 as 4:21 pm Presentación no Teatro Rosalía de Castro da Coruña do documental de Xosé Abad, "O Segredo da Frouxeira"

O vindeiro Mércores, 20 de Xaneiro, as 20h. terá lugar a presentación da longametraxe documental "O Segredo da Frouxeira", dirixida por Xosé Abad, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

A entrada será libre. É moi convinte chegar con antelación para coller sitio.

(máis)

Os vestixios do franquismo en Ferrol

Mércores 13 Xaneiro 2010 as 9:46 pm O Alcalde de Ferrol prevé resolver nunha semana o futuro do monumento ao ditador

O goberno local convocará mañá unha xunta de portavoces para fixar unha solución «lóxica e razoable».

A asociación de Memoria Histórica avoga por que se funda a peza.

O presidente e o secretario da asociación Memoria Histórica Democrática, Manuel Fernández Pita, e Enrique Barrera, respectivamente, reuníronse onte co alcalde ao que trasladaron a súa postura sobre a estatua. Avogan por que se funda, aínda que propoñen a apertura dunha mesa de debate para que se adopte unha solución por consenso. Confían en que este ano queden eliminados da urbe todolos símbolos franquistas.

(máis)

Barrera aclara o motivo da confusión

Sábado 05 Decembro 2009 as 1:02 pm Barrera aclara a identidade dun dos protagonistas de «O Segredo dá Frouxeira»
Enrique Barrera

A estrea do documental O Segredo dá Frouxeira, sobre o alcalde republicano Porto Leis, asasinado en 1938 xunto ás tres persoas que lle axudaron, motivou un equívoco na persoa de Jesús Miño, un dos protagonistas.
O historiador Enrique Barrera aclarou que non era o propietario da tenda de ultramarinos que existía na ponte de Serantes sobre o río da Sardiña.

(máis)

Abarrote na estrea do documental

Venres 04 Decembro 2009 as 12:04 pm O público abarrotou o Jofre na estrea do documental “O segredo da Frouxeira”

A película documental "O segredo da Frouxeira" estreouse onte no Jofre no medio dunha grande expectación. Á hora na que abrían as portas do teatro (ás 19.30) había aínda longas colas na taquilla para coller as invitacións (gratuítas). De feito, houbo quen quedou fóra por falta de aforo (as normas de seguridade impiden que haxa xente de pé). O alcalde da cidade, Vicente Irisarri, comezou a súa intervención pedindo desculpas por este feito e asegurou que "a película vai poder ser visionada noutras ocasións".

(máis)

"A Memoria Recobrada"

Luns 30 Novembro 2009 as 11:59 am Segunda metade do ciclo adicado á Memoria Histórica nos Martes de Cinema do Ateneo Ferrolán

O Ateneo Ferrolán prosegue co ciclo de proxección de documentais que adica á Memoria Histórica. Un ciclo que nesta a súa segunda metade leva por título A memoria recobrada

Esta segunda metade abrirase o día 24 de novembro con "Galicia, la tespestad del 36", de Manuel Rivas, e continuará no mes de decembro con outro catro documentais: "Los del monte" (Manuel Gutiérrez Aragón), o día 1; "Málaga, 1937, la carretera de la muerte" (Juan Madrid), o día 10; "Huesos" (Pedro Guerra), o 15 e "Estremadura amarga" (Luís Pastor), o día 17, pechará o ciclo. Todas as proxeccións terán lugar os martes a partir das sete da tarde no salón de actos do Ateneo e a entrada é gratuíta até completar o aforamento.

(máis)

"O Segredo da Frouxeira"

Luns 30 Novembro 2009 as 11:03 am Un documental de Xosé Abad

O vindeiro xoves 3 de decembro, ás 19,30, no Teatro Jofre, de Ferrol, terá lugar a estrea do documental "O Segredo dá Frouxeira" centrado no asasinato, en 1937, do Alcalde republicano de Serantes, Alejandro Porto Leis e de Modesto del Río, Jesús Miño e Avelino Landeira, "paseados" con él por habelo protexido.

(máis)

Don Manuel Fernández Mourente

Venres 27 Novembro 2009 as 1:45 pm NECROLOGÍA

NECROLOGÍA

DON MANUEL FERNÁNDEZ MOURENTE


Ferrol Diario, Domingo 11 de Abril de 1976 - Página - 4


Ha causado honda impresión en el círculo de sus amistades el fallecimiento de don Manuel Fernández Mourente, quien había sido trabajador de "BAZAN"; donde gozaba de generales simpatías.

El sepelio se verificará hoy a las doce, en el cementerio de Catabois.

En estos dolorosos momentos, expresamos a sus familiares el testimonio de nuestra condolencia.

(máis)

Breves

Bandera Republicana

» O Noso Pai
» Manolo Mourente

Manuel Jesús Fernández Mourente


» O Noso Tio
» Antonio Mourente

Antonio Manuel Fernández Mourente


» A Nosa Avóa
» Celia Mourente

Celia Mourente Garcia


» O Noso Avó
» Manuel A. Pita Torices

Manuel Agustín Pita Torices


» O Noso Bisavó
» Miguel Cervantes

Miguel Cervantes Rey (Faneca)


Monarquia NON