Domingo 25 Abril 2010 as 12:52 pm
Un milleiro de ferroláns piden acabar coa "impunidade do franquismo"
Ao redor dun milleiro de persoas reuníronse onte na praza de Armas de Ferrol para reclamar "verdade, xustiza, reparación" e solicitar que se continúe coas investigacións dos crimes do franquismo que están a ser arquivadas tras o enxuizamento ao xuíz Garzón.
A concentración, que tivo no mesmo día outras réplicas en todo o país, foi convocada e apoiada por asociacións partidos e sindicatos como Memoria Histórica Democrática, Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán, Terra Galega, PSdeG-PSOE, BNG, Esquerda Unida, Xuventudes Socialistas, Asociación Solidariedade África, Asia, América Latina, CCOO, UXT, USTG e as asociacións veciñais de Esteiro e O Prioriño.
(máis)
Sábado 24 Abril 2010 as 12:39 pm
A homenaxe aos presos do campo de concentración de Cedeira será o día 30 outubro de 2010
O Principado de Asturias non só aplaude a iniciativa de rescatar do esquecemento, polo menos, os nomes daqueles asturianos que padeceron cautiverio no campo de concentración de Cedeira, senón que participará activamente na organización dos actos que puidesen ter lugar.
Así se puxo de manifesto no encontro que levou ao presidente e secretario da Asociación Memoria Histórica Democrática de Ferrol, Manuel Agustín Fernández Pita e Enrique Barrera, respectivamente, e ao alcalde da vila, José Luís Vergara, a viaxar onte até a cidade de Oviedo para reunirse con Vicente Álvarez Areces e outros membros do goberno asturiano.
(máis)
Venres 23 Abril 2010 as 12:18 pm
Tratan de recuperar do esquecemento aos represaliados do campo de concentración de Cedeira
Desde hai tempo a contorna da praia da Magdalena, en Cedeira, converteuse na cara máis amable dunha vila de referencia turística da comarca de Ortegal. Pero non sempre iso foi así. A Guerra Civil, que o alterou todo, deu ao lugar outro protagonismo máis cruel que permaneceu no recordo dalgúns, pero non no da maioría, por iso é polo que entidades e administracións puxéronse de acordo para lembrar que na localidade estivo un do seis campos de concentración situados na provincia da Coruña. A día de hoxe, nada queda fisicamente dunha construción que se distribuíu ao redor dun conxunto de edificios dedicados á salgadura de peixe.
(máis)
Martes 20 Abril 2010 as 10:27 am
Persiguen a un xuíz por investigar os crimes do franquismo
Concentración en apoio ao xuíz Garzón, na Praza de Armas do Ferrol, o sábado, día 24, as 12:00 da maña.
(máis)
Venres 16 Abril 2010 as 08:32 am
Dez entidades e asociacións convocan en Ferrol unha concentración de apoio ao xuíz Baltasar Garzón
Dez entidades e asociacións da cidade reunironse onte en autoconvocatoria, no local social da AVV de Esteiro, para falar sobor dos actos que se celebrarán en todo o Estado español o próximo día 24 en apoio ao xuíz Garzón e concretar o que vai ter lugar en Ferrol.
(máis)
Mércores 14 Abril 2010 as 08:36 am
«Hoxe temos que loitar por conquerir a III República, na conmemoración da segunda»
Hoxe cúmprense 79 anos da proclamación da II República, unha data que durante a ditadura conmemorábase en segredo. Restaurada a democracia, cada ano a súa celebración cobra maior forza. Manuel Agustín Fernández Pita (Ferrol, 1952), técnico en programación da antiga Astano e presidente da Asociación Memoria Histórica Democrática de Ferrol, é un dos organizadores dos actos (exposición no Ateneo, conferencias, acto no antigo cemiterio de Canido e unha cea, xa tradicional, o sábado no restaurante O Galo, de Valón).
(máis)
Sábado 10 Abril 2010 as 2:00 pm
Manolo Mourente, o noso pai, na nosa memoria
HOY HACE 34 AÑOS
34 años que tu cuerpo no está entre nosotros
y digo bien tu cuerpo
y digo bien tu cuerpo
por que tu entre nosotros sigues estando
34 años son muchos
pero las cosas no han cambiado tanto
todo por lo que tú luchaste
hoy nosotros tenemos que seguir luchando.
(máis)
Sábado 10 Abril 2010 as 10:09 am
Manolo Mourente, en pé na nosa memoria
Non hai mellores palabras que poidan definir a súa perdida que aquelas que foron ditas no momento da súa morte, palabras ditas dende o corazón e ante a consternación sufrida.
(máis)
Venres 09 Abril 2010 as 2:38 pm
Actos organizados pola AMHD
Actos organizados pola Asociación Memoria Histórica Democrática en conmemoración do 79 aniversario da proclamación da II República.
(máis)
Venres 26 Marzo 2010 as 10:37 am
Intervención da Asociación Memoria Histórica Democrática no pleno do concello de Ferrol
Ante a moción de apoio ao Xuiz Garzón, presentada por EU, a asociación Memoria Histórica Democrática pide intervir no pleno do día 25 para solicitar a aprobación de dita moción.
De seguido amosamos o comunicado integro leido diante do pleno deste concello.
(máis)
Breves
» O Noso Pai
» Manolo Mourente
» O Noso Tio
» Antonio Mourente
» A Nosa Avóa
» Celia Mourente
» O Noso Avó
» Manuel A. Pita Torices
» O Noso Bisavó
» Miguel Cervantes