Temos a obriga de manter a memoria
10 10 09 - 13:38 La Voz de Galicia «Ao meu avó matárono por axudar ao que fora alcalde de Serantes»
Miguel del Río López, de 40 anos, representa ben aos netos dos represaliados polo franquismo.
Ao seu avó, Modesto del Río, conocido no seu tempo como o mariñeiro de San Xurxo, matárono porque axudou a Porto Leis, o alcalde republicano de Serantes que se agochaba, tralo golpe militar, nunha cova de San Xurxo.
Unha reportaxe histórica, feita coa colaboración da asociación Memoria Histórica Democrática, vai poder verse pronto.
Miguel del Río e outros familiares de represaliados van facer o domingo unha ofrenda na fosa de outros asasinados do cemiterio de Serantes.
- ¿Que imaxe ten do seu avó, aínda que non o coñeceu?
- Penso que era unha boa persoa. Crente católico, e que axudou ao seu amigo Porto Leis, levándolle unha manta porque enfermara. Matárono para quitarlle moito do seu capital, porque tiña un salón de baile, barcos e tamén terras.
- ¿Pero pola historia que fixo del Memoria Histórica non está enterrado en Serantes?
- A familia pensa que está na praia da Frouxeira. Ao meu pai e a min, fai vinte anos, o vello Xitano nos dixo donde estaba, porque foi testigo de donde o enterraron.
- ¿Por qué a homenaxe?
- Porque pensamos que non se pode esquecer xente así. Queremos que cada ano, no tempo de Defuntos, hai que lembralos, falar deles, do seu exemplo para as novas xeracións. Penso que os netos coma eu temos tamén a obriga de manter a memoria.

Trackback link: http://www.nanosamemoria.com/pivot/tb.php?tb_id=35