Inicio

«Verdade, xustiza, reparación»
Ao redor dun milleiro de persoas reuníronse onte na praza de Armas de Ferrol para reclamar "verdade, xustiza, reparación" e solicitar que se continúe coas investigacións dos crimes do franquismo que están a ser arquivadas tras o enxuizamento ao xuíz Garzón.

A concentración, que tivo no mesmo día outras réplicas en todo o país, foi convocada e apoiada por asociacións partidos e sindicatos como Memoria Histórica Democrática, Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán, Terra Galega, PSdeG-PSOE, BNG, Esquerda Unida, Xuventudes Socialistas, Asociación Solidariedade África, Asia, América Latina, CCOO, UXT, USTG e as asociacións veciñais de Esteiro e O Prioriño.

Pero á marxe das siglas, a pancarta central foi portada polos familiares de persoas represaliadas ou fusiladas nos anos da guerra Civil ou o franquismo. O lema "verdade, xustiza e reparación", reflicte o que os participantes consideran "insólito", que un xuíz poida ser xulgado por investigar "os asasinatos de máis de 200.000 persoas pola ditadura franquista e por investigar as desaparicións de miles de nenos arrebatados ás súas familias para entregalos en adopción".

Os organizadores da mobilización denunciaron que "o acoso a Garzón iniciouse a instancias de partidos herdeiros do franquismo, cun amplo historial delitivo como é o caso da Falanxe".

No manifesto lido onte asegurouse que "a nosa democracia coxea pola persistencia de poderosos intereses que queren oficializar unha visión amable e plácida da ditadura franquista", á vez que se lembrou que "en Europa xamais foi perseguido e xulgado ningún xuíz por investigar os crimes da Alemaña nazi ou da Italia fascista". Sostivo que "a Lei de Amnistía de 1977 contradi a carta de Dereitos Humanos, asinada por España, que di claramente que os crimes de desaparición forzada nunca prescriben".

No acto lembrouse que 28 dos 46 xulgados xa pecharon as causas contra o franquismo e neste ano non se levou a cabo ningunha providencia, mentres, apuntaron, funcionan partidos que fan apoloxía do xenocidio e algúns como Falange Española continúan "montando con total impunidade actos de enaltecemento da ditadura".

O acto concluíu coa defensa "da Xustiza Universal e contra a impunidade do franquismo",
"queremos unha Xustiza que persiga aos delincuentes e non a quen investiga os delitos".

A homenaxe será o 30 de outubro
O Principado de Asturias non só aplaude a iniciativa de rescatar do esquecemento, polo menos, os nomes daqueles asturianos que padeceron cautiverio no campo de concentración de Cedeira, senón que participará activamente na organización dos actos que puidesen ter lugar.

Así se puxo de manifesto no encontro que levou ao presidente e secretario da Asociación Memoria Histórica Democrática de Ferrol, Manuel Agustín Fernández Pita e Enrique Barrera, respectivamente, e ao alcalde da vila, José Luís Vergara, a viaxar onte até a cidade de Oviedo para reunirse con Vicente Álvarez Areces e outros membros do goberno asturiano.

A entrevista, que tivo lugar na Presidencia do Principado e que se prolongou por espazo de tres horas, serviu para concretar cuestións, como a de fixar para o día 30 de outubro a celebración da homenaxe ou a de buscar a colaboración de formacións políticas e sindicais para tratar de localizar a posibles descendentes daqueles que estiveron presos nas instalacións que, situadas na contorna da Magdalena, foron cualificadas de precarias e insalubres, mesmo desde o mesmo seo do réxime franquista.

De resultar frutífera dita procura preténdese contar coa presenza dalgúns deles no acto homenaxe que, a día de hoxe, consistirá na instalación dun monólito, no que haberá unha placa coa correspondente inscrición.

O secretario da Asociación Memoria Histórica Democrática, Enrique Barrera, recoñeceu onte estar "estusiasmado" co magnífico recibimento e colaboración que a iniciativa atopou entre os responsables do goberno asturiano. Explicou que a implicación foi de tal grao que o encontro se prolongou por espazo de tres horas e que as facilidades, tanto para reunirse como para fixar unha data, foron inmellorables.

A vila de Cedeira foi unha do seis poboacións da provincia da Coruña que acolleu un campo de concentración durante a contenda do 36. Unhas naves situadas enfronte á praia e utilizadas para a salgadura de peixe foron reutilizadas para acoller a máis de 300 presos republicanos, na súa maioría de orixe asturiana.

No rexistro civil da época aparecen os nomes de polo menos dous cautivos falecidos durante a súa estancia nunhas instalacións que por, non ter, non tiñan letrinas, auga corrente, enfermaría nin retretes, entre outras moitas carencias.

O campo de concentración de Cedeira
Desde hai tempo a contorna da praia da Magdalena, en Cedeira, converteuse na cara máis amable dunha vila de referencia turística da comarca de Ortegal. Pero non sempre iso foi así. A Guerra Civil, que o alterou todo, deu ao lugar outro protagonismo máis cruel que permaneceu no recordo dalgúns, pero non no da maioría, por iso é polo que entidades e administracións puxéronse de acordo para lembrar que na localidade estivo un do seis campos de concentración situados na provincia da Coruña. A día de hoxe, nada queda fisicamente dunha construción que se distribuíu ao redor dun conxunto de edificios dedicados á salgadura de peixe.

A iniciativa, por tanto, pasa pola recuperación física dun lugar que chegou a acoller, tal e como consta en documentación da época, a máis de 300 presos. A maioría deles eran asturianos. Esta circunstancia fixo case inevitable a participación no proxecto do Principado de Asturias -co seu presidente á cabeza, Vicente Álvarez Areces-, Fuco Buxán, a Asociación Memoria Histórica Democrática e o Concello de Cedeira, que traballan desde hai tempo na elaboración dun programa que se pretende pór en marcha en próximas datas. De feito, para o día de hoxe está previsto unha viaxe ao Principado de Asturias coa intención de concretar contidos.

Á marxe do que poida ser incorporado, a recreación física do lugar farase mediante a instalación dun monólito, no que figurará a placa correspondente. En canto á recuperación da memoria histórica colectiva, tratarán de facelo coa palabra políticos e algúns responsables de entidades, como Fuco Buxán ou Memoria Histórica Democrática, que levan tempo facéndoo así e a nivel de toda a comarca. Seguramente, neses discursos sairán os nomes -entre outros posibles- de Silvino Menéndez Blanco e Miguel Rodríguez, naturais de Avilés e Xixón e de 25 e 21 anos, respectivamente, que morreron no campo de concentración de Cedeira a consecuencia de asfixia por sumersión, no caso do primeiro, e de tuberculose, no do segundo.

E é que até nun informe de Inspección de Campos do ano 1938 recoñécense as malas condicións dunhas instalacións que, entre outras moitas carencias, non dispuñan de auga corrente, letrinas, enfermaría e de cubertas e ventás adecuadas para combater os rigores do inverno e a presenza do mar a escasos metros dos barracóns. De feito, a primeira expedición de prisioneiros, feito que ocorreu un día 11 de novembro de 1937, chegou en barco, en concreto a bordo do vapor  «Llodio», a terras cedeirenses, despois de ser capturados en alta mar cando trataban de gañar a costa francesa.

Á marxe deste, tamén existe documentación relativa aos campos do Dique (Ferrol), Muros, Betanzos, Padrón, Pobra do Caramiñal e Santiago de Compostela.

Ao amparo deste proxecto, o Concello de Cedeira traballa coa idea de render homenaxe pública á última corporación municipal da República, segundo confirmou a este diario o alcalde, José Luís Vergara.

Investigar estes crimes non é delito
Concentración en apoio ao xuíz Garzón, na Praza de Armas do Ferrol, o sábado, día 24, as 12:00 da maña.

Concentración en apoio ao xuíz Garzón
Dez entidades e asociacións da cidade reunironse onte en autoconvocatoria, no local social da AVV de Esteiro, para falar sobor dos actos que se celebrarán en todo o Estado español o próximo día 24 en apoio ao xuíz Garzón e concretar o que vai ter lugar en Ferrol.

Neste encontro participaron a AVV de Esteiro, Memoria Histórica Democrática, Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán, Esquerda Unida, USTG, CIG, Asociación Veciñal O Prioriño, BNG e Ospaal, e acordaron convocar unha concentración na praza de Armas para ese día, ás doce do mediodía, baixo a lema "Verdade, xustiza, reparación".

Segundo explicou Enrique Barrera, de Memoria Histórica Democrática, non se trata dunha reunión de "garzonistas", nin é necesario ter unha opinión positiva do xuíz para mostrarlle o seu apoio polo acoso que está a sufrir, que cualificou de "auténtica aberración". No trascurso da concentración do día 24 darase lectura a un comunicado cuxas liñas mestras serán acordadas por todos os colectivos convocantes.

O xuíz Baltasar Garzón está imputado por un presunto delito de prevaricación que cometería ao abrir a causa polas desaparicións do franquismo sen contar con competencias legais. Na causa están persoados como acusación particular Manos Limpias, Falange Española de las JONS e Libertad e identidad.

A por a Terceira República !
Hoxe cúmprense 79 anos da proclamación da II República, unha data que durante a ditadura conmemorábase en segredo. Restaurada a democracia, cada ano a súa celebración cobra maior forza. Manuel Agustín Fernández Pita (Ferrol, 1952), técnico en programación da antiga Astano e presidente da Asociación Memoria Histórica Democrática de Ferrol, é un dos organizadores dos actos (exposición no Ateneo, conferencias, acto no antigo cemiterio de Canido e unha cea, xa tradicional, o sábado no restaurante O Galo, de Valón).

-¿Que sentido ten hoxe recordar a II República?

-Se outros anos a data ten un sentido reivindicativo das liberdades en si mesmo, este ano teno máis. Nós queremos darlle un marcado signo de apoio ao xuíz Baltasar Garzón. Queremos reivindicar a III República, que polas canles democráticas cheguemos á abolición da monarquía, e non hai que ter medo a estas cousas, que a ditadura xa caeu.

-¿Que queda daquel tempo?

-Pois case 80 anos despois do 14 de abril de 1931, cando a vitoria das candidaturas republicans nas eleccións locais significou a proclamación da República, os seus valores seguen tendo plena vixencia: a solidariedade, a igualdade entre todos os homes e mulleres, a fraternidad... E, digo máis, coa que está a caer máis aínda temos que loitar porque estes valores manteñanse, consolidense e non se produzan retrocesos.

-¿A que se refire?

-¿Pero non o ve vostede? a dereita cada vez máis dereitona, os herdeiros de Franco, do fascismo, conseguen que se procese ao xuíz Baltasar Garzón, sentalo no banco. Pero xa dicía o noso Castelao cando os franquistas mataban a eito e deixaban os cadáveres nas cunetas: Non enterran mortos, enterran semente de libertade. E aquí seguimos e seguiremos, e se nós caemos ou desistimos outros continuarán.

-¿Cre que estas ideas teñen eco na sociedade actual?

-Nunca foi fácil, pero a cousa avanza e persoas como eu, fillo de quen son [Mourente, líder obreiro ferrolán] e outros fillos de represaliados temos a obriga moral de perseverar na loita por aqueles valores democráticos. Hoxe non hai que pelexar pola Fronte Popular, pero si por conquerir a unidade da esquerda e o nacionalismo democrático.

MANUEL AGUSTÍN FERNÁNDEZ PITA Presidente de la Asociación Memoria Histórica Democrática

Hoy hace 34 años
HOY HACE 34 AÑOS

34 años que tu cuerpo no está entre nosotros

y digo bien tu cuerpo

y digo bien tu cuerpo

por que tu entre nosotros sigues estando

34 años son muchos

pero las cosas no han cambiado tanto

todo por lo que tú luchaste

hoy nosotros tenemos que seguir luchando.

Siguen los muertos en las cunetas

y las injusticias del fascismo

ahí siguen estando

desacreditando y juzgando

a aquellos que quieren que esto no siga pasando.

Seguimos luchando en el trabajo

pagando una crisis que no es nuestra

para que los otros sigan robando.

Como puedes ver nada ha cambiado

y tus ideas hoy nos siguen ayudando

ayudando a seguir andando

el camino por ti empezado.

Gracias por todo el legado

que nos has dejado

y que nosotros, tus hijos,

a tus nietos hemos traspasado.

Por todo esto  hoy como siempre

sigues a nuestro lado.

34 cabodano da morte do noso pai
Non hai mellores palabras que poidan definir a súa perdida que aquelas que foron ditas no momento da súa morte, palabras ditas dende o corazón e ante a consternación sufrida.

Semana da República 2010
Actos organizados pola Asociación Memoria Histórica Democrática en conmemoración do 79 aniversario da proclamación da II República.

Apoio ao Xuiz Garzón
Ante a moción de apoio ao Xuiz Garzón, presentada por EU, a asociación Memoria Histórica Democrática pide intervir no pleno do día 25 para solicitar a aprobación de dita moción.

De seguido amosamos o comunicado integro leido diante do pleno deste concello.

APOIO AO XUIZ GARZÓN

A causa contra o xuíz Garzón abriuse a instancias de asociacións herdeiras ideolóxicas do franquismo cun amplo historial delictivo nalgún caso, con participación activa na represión durante e despois da Guerra Civil, sendo responsables de miles de asasinatos.

A causa contra Garzón ábrese contra a posición do Ministerio Fiscal, garante público da xustiza e da legalidade e ábrese para afastar da carreira xudicial ao único xuíz deste país que, a instancias de familiares de desaparecidos durante a represión franquista, tratou de artellar unha resposta penal axeitada ás devanditas demandas, esquecidas durante décadas, na percura de acadar a máis completa reparación das mesmas, incluindo a apertura das fosas diseminadas por todo o país para enterrar dignamente os seus restos e -por suposto- elabourando un demoledor auto no que explica documentadamente a magnitude dos crimes contra a Humanidade cometidos pola ditadura e os seus colabouradores.

Para a asociación Memoria Histórica Democrática é un desprestixio internacional para o Estado de Dereito de España, que sexan os herdeiros do franquismo os que senten no banco dos acusados a Baltasar Garzón, e que o Poder Xudicial impida a este maxistrado da Audiencia Nacional que poida investigar os crimes do réxime franquista, deixando ás súas vítimas novamente desamparadas.

O franquismo continúa enquistado en determinados sectores da sociedade española e, a pesar dos 30 anos de democracia xa transcorridos, continúa gozando de impunidade no ámbito xudicial. Lembremos que en Europa xamais foi perseguido e xulgado un xuíz por investigar os crimes da Alemaña nazi ou a Italia fascista. A maiores, neste acoso contra o xuiz Garzón, engádense intereses que desexan paralizar a loita xudicial contra tramas de corrupción.

Por todo iso, pedimos a corporación local de Ferrol, que aprobe a moción de Apoio ao Xuiz Garzón, presentada polo Grupo Municipal de EU.